miércoles, 13 de agosto de 2014

AS NOSAS CONCLUSIÓNS AO ESTUDO DO VALIÑADARES

A vista dos resultados obtidos podemos extraer varias conclusións:
A CALIDADE HIDRO-MORFOLÓXICA:
O hábitat correspóndese cun curso fluvial con bosque de ribera bastante degradado e con falta de continuidade. O índice QRISI amosa un maior deterioro da marxe esquerda e a práctica desaparición do mesmo na zona máis urbanizada (Ponte da Avenida de Buenos Aires).
A pesar desto, os valores acadados de maneira xeral mostran un hábitat que pode soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados cun valor IHF de entre 40 e 60 debido fundamentalmente a súa heteroxeneidade (diferenzas de substratos de fondo, sombreado...)
Respecto ao caudal, manténse o fluxo de auga durante todo o ano, aínda que como é lóxico na época estival diminúe.
Esta diminución do caudal favorece a aparición de augas máis tranquilas xa nos meses de abril e maio e xunto co aumento da cobertura vexetal acuática debido a maior insolación, en relación co inverno, axuda ao desenvolvemento da comunidade de macroinvertebrados como reflicten os datos acadados.
Dentro das alteracións, as máis significativas son as canalizacións que diminúen o caudal, e as verteduras puntuais ao longo do traxecto estudado, posiblemente cunha marcada orixe residual e agropecuaria. Non se aprecian, sen embargo, alteracións na transparencia, nin escumas, nin olores que poideran indicar un proceso contaminante.
CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA:
Como acabamos de comentar, mantense un bo nivel de transparencia.
Os valores de nitratos e osíxeno sofren un cambio moi importante nos nosos datos, pero xa comentamos no traballo que os atribuímos ao deterioro das pílulas de medición no mes de xaneiro. Tendo esto en conta os valores parecen normais e axeitados para a vida acuática. O osíxeno atópase en valores óptimos (5 mg/l) e o seu nivel de saturacion (70%) tamén é axeitado; o pH está dentro dos límites habituais (6-6,4), a súa  alteración podería indicar problemas con augas industrais.
Respecto a temperatura os valores tamén son habituais permitíndonos descartar fenómenos de contaminación térmica.
CALIDADE BIOLÓXICA:
O índice de macroinvertebrados establécese no intervalo moderado. O índice non varía entre o inverno e a primaveira (manténse moderado), pero débese ter en conta que o establecemento do mesmo faise en función da aparición dunha ou outra familia e non da abundancia da mostraxe. Claramente, en maio, tíñamos unha maior variedade de familias e especies, e polo tanto un maior tamaño de mostraxe que fan moito máis fiables os rexistros de primaveira que os de inverno.
Por outra banda, a perda do substrato na ponte da pousada impedíunos valorar en igualdade de condicións os dous puntos de mostraxe (pasatempo-pousada), arroxando un índice similar no mes de maio.

lunes, 11 de agosto de 2014

TRABALLO FINAL GRUPO 1 E 2

Correxín erros de bulto, pero en esencia son os vosos traballos. Sei que houbo pouco tempo, pero com xa falamos na clase son moi mellorables. Farei unha entrada máis no blog para lembrar as conclusións ás que chegamos na clase. Para acceder aos vosos traballos premede no que corresponda:

viernes, 6 de junio de 2014

OS MUÍÑOS

Como sabedes os vosos compañeiros de 2º da ESO tamén estiveron ocupados facendo un traballo de investigación sobre os muíños da zona. Entre os traballos atopamos dous sobre o único muíño que queda en funcionamento na vila de Mondoñedo.  Aquí vos deixo a ligazón a o blog que fixemos, aínda non está todo rematado, pero camiñando faise o camiño

Os Muíños da nosa Zona

A SAÍDA DE PRIMAVEIRA

A finais de maio fixemos outra saída ao Valiñadares para comprobar as diferenzas estacionais e tamén as variacións entre os distintos puntos de mostraxe. Na seguinte ligazón está o documento gráfico do traballo realizado, como sempre e grazas a profe Ana da biblioteca temos un pequeno guión do que imos observando nas fotos:
SAÍDA DE PRIMAVEIRA

Ou se o preferides accedede directamente ao vídeo:


DISPOÑENDO OS SUBSTRATOS

Para favorecer a captura de macroinvertebrados na mostraxe de primaveira, decidimos a finais de abril dipoñer uns ladrillos a modo de substrato. Colocamos substratos nos dous puntos de mostraxe onde se faría observación de macroinvertebrados. Na ponte do Pasatempo, a entrada do Valiñadares na vila de Mondoñedo e na Ponte da Pousada, na saída da vila. Aínda que tivemos a precaución de dispoñer carteis informativos de que os substratos formaban parte dun estudo do IES, cando regresamos para a mostraxe de primaveira o ladrillo da ponte da Pousada non estaba. Aquí tedes unhas imaxes que do momento en que dispuxemos os substratos cos seus carteliños informativos:

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA

A nosa primeira saída realizámola alá polo mes de xaneiro.
O tempo non acompañou, pero as ganas de facelo ben fíxonos superar todos os escollos.
Na seguinte ligazón tedes as fotos desta primeira saída, xunto cun pequeno guión do proceso, que o disfrutedes!

SAÍDA DE XANEIRO 2014

ou acceder directamente dende aquí:




QUE É O PROXECTO RÍOS?

O proxecto Ríos é unha inciativa medioambiental con marcado carácter educativo e conservacionista que se basea na inspección dos medios fluviais galegos.
En Galicia é coordinada dende a asociación ecoloxista ADEGA que aporta formación e material aos grupos participantes.
Dende o IES San Rosendo de Mondoñedo unímonos a esta inciativa con toda a ilusión do mundo e neste blog pretendemos plasmar os resultados dunha experiencia gratificante e motivadora.
Se queredes saber máis do Proxecto premede na seguinte ligazón ou ir a pestana de ligazóns de interese.