A vista dos resultados obtidos podemos extraer varias conclusións:
A CALIDADE HIDRO-MORFOLÓXICA:
O
hábitat correspóndese cun curso fluvial con bosque de ribera bastante
degradado e con falta de continuidade. O índice QRISI amosa un maior
deterioro da marxe esquerda e a práctica desaparición do mesmo na zona
máis urbanizada (Ponte da Avenida de Buenos Aires).
A pesar desto,
os valores acadados de maneira xeral mostran un hábitat que pode
soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados cun valor IHF de
entre 40 e 60 debido fundamentalmente a súa heteroxeneidade (diferenzas
de substratos de fondo, sombreado...)
Respecto ao caudal, manténse o fluxo de auga durante todo o ano, aínda que como é lóxico na época estival diminúe.
Esta
diminución do caudal favorece a aparición de augas máis tranquilas xa
nos meses de abril e maio e xunto co aumento da cobertura vexetal
acuática debido a maior insolación, en relación co inverno, axuda ao
desenvolvemento da comunidade de macroinvertebrados como reflicten os
datos acadados.
Dentro das alteracións, as máis significativas son
as canalizacións que diminúen o caudal, e as verteduras puntuais ao
longo do traxecto estudado, posiblemente cunha marcada orixe residual e
agropecuaria. Non se aprecian, sen embargo, alteracións na
transparencia, nin escumas, nin olores que poideran indicar un proceso
contaminante.
CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA:
Como acabamos de comentar, mantense un bo nivel de transparencia.
Os
valores de nitratos e osíxeno sofren un cambio moi importante nos nosos
datos, pero xa comentamos no traballo que os atribuímos ao deterioro
das pílulas de medición no mes de xaneiro. Tendo esto en conta os
valores parecen normais e axeitados para a vida acuática. O osíxeno
atópase en valores óptimos (5 mg/l) e o seu nivel de saturacion (70%)
tamén é axeitado; o pH está dentro dos límites habituais (6-6,4), a súa
alteración podería indicar problemas con augas industrais.
Respecto a temperatura os valores tamén son habituais permitíndonos descartar fenómenos de contaminación térmica.
CALIDADE BIOLÓXICA:
O
índice de macroinvertebrados establécese no intervalo moderado. O
índice non varía entre o inverno e a primaveira (manténse moderado),
pero débese ter en conta que o establecemento do mesmo faise en función
da aparición dunha ou outra familia e non da abundancia da mostraxe.
Claramente, en maio, tíñamos unha maior variedade de familias e
especies, e polo tanto un maior tamaño de mostraxe que fan moito máis
fiables os rexistros de primaveira que os de inverno.
Por outra
banda, a perda do substrato na ponte da pousada impedíunos valorar en
igualdade de condicións os dous puntos de mostraxe (pasatempo-pousada),
arroxando un índice similar no mes de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario