viernes, 6 de junio de 2014

OS MUÍÑOS

Como sabedes os vosos compañeiros de 2º da ESO tamén estiveron ocupados facendo un traballo de investigación sobre os muíños da zona. Entre os traballos atopamos dous sobre o único muíño que queda en funcionamento na vila de Mondoñedo.  Aquí vos deixo a ligazón a o blog que fixemos, aínda non está todo rematado, pero camiñando faise o camiño

Os Muíños da nosa Zona

A SAÍDA DE PRIMAVEIRA

A finais de maio fixemos outra saída ao Valiñadares para comprobar as diferenzas estacionais e tamén as variacións entre os distintos puntos de mostraxe. Na seguinte ligazón está o documento gráfico do traballo realizado, como sempre e grazas a profe Ana da biblioteca temos un pequeno guión do que imos observando nas fotos:
SAÍDA DE PRIMAVEIRA

Ou se o preferides accedede directamente ao vídeo:


DISPOÑENDO OS SUBSTRATOS

Para favorecer a captura de macroinvertebrados na mostraxe de primaveira, decidimos a finais de abril dipoñer uns ladrillos a modo de substrato. Colocamos substratos nos dous puntos de mostraxe onde se faría observación de macroinvertebrados. Na ponte do Pasatempo, a entrada do Valiñadares na vila de Mondoñedo e na Ponte da Pousada, na saída da vila. Aínda que tivemos a precaución de dispoñer carteis informativos de que os substratos formaban parte dun estudo do IES, cando regresamos para a mostraxe de primaveira o ladrillo da ponte da Pousada non estaba. Aquí tedes unhas imaxes que do momento en que dispuxemos os substratos cos seus carteliños informativos:

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA

A nosa primeira saída realizámola alá polo mes de xaneiro.
O tempo non acompañou, pero as ganas de facelo ben fíxonos superar todos os escollos.
Na seguinte ligazón tedes as fotos desta primeira saída, xunto cun pequeno guión do proceso, que o disfrutedes!

SAÍDA DE XANEIRO 2014

ou acceder directamente dende aquí:




QUE É O PROXECTO RÍOS?

O proxecto Ríos é unha inciativa medioambiental con marcado carácter educativo e conservacionista que se basea na inspección dos medios fluviais galegos.
En Galicia é coordinada dende a asociación ecoloxista ADEGA que aporta formación e material aos grupos participantes.
Dende o IES San Rosendo de Mondoñedo unímonos a esta inciativa con toda a ilusión do mundo e neste blog pretendemos plasmar os resultados dunha experiencia gratificante e motivadora.
Se queredes saber máis do Proxecto premede na seguinte ligazón ou ir a pestana de ligazóns de interese.



O VALIÑADARES

Este blog pretende ser unha ferramenta divulgativa do traballo levado a cabo, durante todo o curso escolar, dende o IES San Rosendo de Mondoñedo, e da análise dos resultados obtidos no noso río, o Valiñadares.
A hora de elaborar os traballos finais de exposición dos resultados acadados nas nosas mostraxes a pé de campo partiremos das seguintes indicacións:

Guión Traballo Ríos
Organización da saída de inverno