viernes, 6 de junio de 2014
DISPOÑENDO OS SUBSTRATOS
Para favorecer a captura de macroinvertebrados na mostraxe de primaveira, decidimos a finais de abril dipoñer uns ladrillos a modo de substrato.
Colocamos substratos nos dous puntos de mostraxe onde se faría observación de macroinvertebrados. Na ponte do Pasatempo, a entrada do Valiñadares na vila de Mondoñedo e na Ponte da Pousada, na saída da vila.
Aínda que tivemos a precaución de dispoñer carteis informativos de que os substratos formaban parte dun estudo do IES, cando regresamos para a mostraxe de primaveira o ladrillo da ponte da Pousada non estaba.
Aquí tedes unhas imaxes que do momento en que dispuxemos os substratos cos seus carteliños informativos:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario