Como sabedes os vosos compañeiros de 2º da ESO tamén estiveron ocupados facendo un traballo de investigación sobre os muíños da zona. Entre os traballos atopamos dous sobre o único muíño que queda en funcionamento na vila de Mondoñedo. Aquí vos deixo a ligazón a o blog que fixemos, aínda non está todo rematado, pero camiñando faise o camiño
Os Muíños da nosa Zona
viernes, 6 de junio de 2014
A SAÍDA DE PRIMAVEIRA
A finais de maio fixemos outra saída ao Valiñadares para comprobar as diferenzas estacionais e tamén as variacións entre os distintos puntos de mostraxe. Na seguinte ligazón está o documento gráfico do traballo realizado, como sempre e grazas a profe Ana da biblioteca temos un pequeno guión do que imos observando nas fotos:
SAÍDA DE PRIMAVEIRA
Ou se o preferides accedede directamente ao vídeo:
SAÍDA DE PRIMAVEIRA
Ou se o preferides accedede directamente ao vídeo:
DISPOÑENDO OS SUBSTRATOS
Para favorecer a captura de macroinvertebrados na mostraxe de primaveira, decidimos a finais de abril dipoñer uns ladrillos a modo de substrato.
Colocamos substratos nos dous puntos de mostraxe onde se faría observación de macroinvertebrados. Na ponte do Pasatempo, a entrada do Valiñadares na vila de Mondoñedo e na Ponte da Pousada, na saída da vila.
Aínda que tivemos a precaución de dispoñer carteis informativos de que os substratos formaban parte dun estudo do IES, cando regresamos para a mostraxe de primaveira o ladrillo da ponte da Pousada non estaba.
Aquí tedes unhas imaxes que do momento en que dispuxemos os substratos cos seus carteliños informativos:
A NOSA PRIMEIRA SAÍDA
A nosa primeira saída realizámola alá polo mes de xaneiro.
O tempo non acompañou, pero as ganas de facelo ben fíxonos superar todos os escollos.
Na seguinte ligazón tedes as fotos desta primeira saída, xunto cun pequeno guión do proceso, que o disfrutedes!
SAÍDA DE XANEIRO 2014
ou acceder directamente dende aquí:
O tempo non acompañou, pero as ganas de facelo ben fíxonos superar todos os escollos.
Na seguinte ligazón tedes as fotos desta primeira saída, xunto cun pequeno guión do proceso, que o disfrutedes!
SAÍDA DE XANEIRO 2014
ou acceder directamente dende aquí:
QUE É O PROXECTO RÍOS?
O proxecto Ríos é unha inciativa medioambiental con marcado carácter educativo e conservacionista que se basea na inspección dos medios fluviais galegos.
En Galicia é coordinada dende a asociación ecoloxista ADEGA que aporta formación e material aos grupos participantes.
Dende o IES San Rosendo de Mondoñedo unímonos a esta inciativa con toda a ilusión do mundo e neste blog pretendemos plasmar os resultados dunha experiencia gratificante e motivadora.
Se queredes saber máis do Proxecto premede na seguinte ligazón ou ir a pestana de ligazóns de interese.
O VALIÑADARES
Este blog pretende ser unha ferramenta divulgativa do traballo levado a cabo, durante todo o curso escolar, dende o IES San Rosendo de Mondoñedo, e da análise dos resultados obtidos no noso río, o Valiñadares.
A hora de elaborar os traballos finais de exposición dos resultados acadados nas nosas mostraxes a pé de campo partiremos das seguintes indicacións:
Guión Traballo Ríos
Organización da saída de inverno
A hora de elaborar os traballos finais de exposición dos resultados acadados nas nosas mostraxes a pé de campo partiremos das seguintes indicacións:
Guión Traballo Ríos
Organización da saída de inverno
Suscribirse a:
Entradas (Atom)